Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Ariete restaca a Frikifesta de Vimianzo

Nota de Prensa Frikifesta copia
Ariete restaca a Frikifesta de Vimianzo

Este vindeiro sábado 9 de decembro terá lugar en Vimianzo, no pub Mehari situado na praza do concello, a Frikifesta, celebración organizada pola asociación xuvenil O Ariete e
polo pub Mehari de forma conxunta.
O Ariete volve á carga con esta nova celebración que para os máis nostálxicos non será novidade pois trátase dunha celebración cunha longra tradición na capital da Terra de Soneira, gracias ao traballo da AC Cherinkas.


O evento comezará as 19:00 co “Desfile friki”, nel todos os “frikis” reuniránse na praza do concello para inaugurar esta ceremonia percorrendo diferentes espazos de Vimianzo para
así enchoupar á vila de ambiente festivo. Tratarase dunha ruta na que se visitarán diferentes locais, co fin de levar a festa por varios lugares da vila.

Ás 20:30 celebraránse as “Frikiolimpiadas”, con múltiples xogos de entretemento. Trátanse de concursos e probas absurdas nas que os asistentes competirán entre si e nas que as
risas están máis que aseguradas co lanzamento de aceituna, carreira con vasoira e paraugas...

Ás 22:00 celebraráse un fantástico concurso de disfraces. Dende a organización convídase a todos os asistentes a vir disfrazados, sendo múltiples as posibilidades: imitacións de personaxes de ficción, ropaxes estravagantes e chamativos etc.

Xa ás 23:00 dará paso á actividade musical, todo isto da man de The Balayos, un dúo mozo de punk-rock que constitúe unha das grandes promesas musicais da zona.
Seguirá o concerto con Eskravos que entrarán en acción ás 00:30. Os estradenses prometen música reivindicativa e subversiva que non deixará indiferente a ninguén.
O peche da noite, como xa é tradición, correrá da man de DJ Sankara. Este colofón final supón case unha rutina nas festividades do Ariete, realizando unha proposta musical
alternativa: ska, neotradi galego, hip-hop, electrónica...

Resaltar tamén, que como xa aconteceu en outras celebracións, dende a asociación vederán comida vegana. O evento conta coa colaboracion de Ricardo do Vía Rápida.

Máis crónicas da Frikifesta

 

Comentarios