Arrinca a concentración parcelaria de Cereixo e Carnés
En marcha está o procedemebto da concentración parcelaria das parroquias de Cereixo e San Cristovo de Carnés. Así o analizaron onte a directora xeral de Desenvolvemento Rural e da Agader, Paz Rodríguez, e alcaldesa da localidade, Mónica Rodríguez.
Neste encontro, a directora informou á rexedora sobre o estado actual do proceso, poñendo de relevo os traballos de validación gráfico-alfanumérica e o levantamento topográfico que son necesarios e previos para proceder á inscrición rexistral dos predios de substitución.
Pola súa banda, a alcaldesa subliñou a disposición do Concello de Vimianzo para colaborar coa Xunta de Galicia neste proxecto e noutros futuros que poidan xurdir, destacando a importancia da cooperación institucional para impulsar iniciativas que melloren a calidade de vida dos veciños e veciñas do municipio.