As 12 obras que Vimianzo ten en marcha
05:54 17/12/18
O Concello de Vimianzo vén de adxudicar e ten en proceso de licitación obras por máis de 800.000€. Os principais tipos de obras son, arranxo de vías, saneamentos, arranxo de inmobles públicos, reforma de prazas e reforma de parques infantís, que abranguen a case todas as parroquias.
As obras serán as seguintes:
- Substitución de cuberta do Centro de interpretación dos minerais en Cerbán e execución de forxado no Centro de interpretación do encoro da fervenza no Orbellido. Dúas actuacións nas parroquias de Castrelo e Baíñas, cun orzamento de 37,439€.
- Mantemento e mellora nas estradas municipais nas parroquias de Cambeda, Baiñas, Serramo, Treos, Salto e Bamiro, cun orzamento de 73,223€.
- Mantemento e mellora de estradas municipais nas parroquias de Berdoias, Castrelo, Vimianzo, Carnés, Cereixo e Calo, cun orzamento de 79,256€
- Mantemento e mellora de estradas municipais na parroquia de Carantoña, cun orzamento de 34,586€.
- Acondicionamento da Praza do Outeiro en Baíñas, cun orzamento de 61,768€.
- Construción dun parque infantil en Berdoias e dunha área recreativa en Ogas (Cambeda), cun orzamento de 31,079€.
- Arranxo, pavimentación e asfaltado de rúas na zona urbana de Vimianzo, cun orzamento de 97,434€.
- Acondicionamento, mellora e cuberta do parque infantil de Vimianzo, cun orzamento de 107,438€.
- Construcción da rede de sanenamento en Vilaseo (Castrelo), cun orzamento de 76,677€.
- Reparación e mellora de firme, beiravías, cunetas e bordos na estrada municipal entre Carnio e Serramo-Vimianzo, cun orzamento de 84,090€.
- Mellora de vía dende cruce con pista Trasariz-A Toxa ate estrada AC-432, en Vimianzo, cun orzamento de 143,585€.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/vimianzo-licita-cinco-obras-do-plan-unico-da-deputacion-da-coruna-por-mais-de-364-000-euros/