As Andainas da Costa da Morte percorren os muíños de Cambeda
15:05 25/05/17
Durante a andaina, que será o vindeiro día 3, descubriranse lugares como a ponte do Vao das Areas
Dentro da 5ª edición do programa de Andainas para coñecer a Costa da Morte, está previsto que o vindeiro sábado, día 3 de xuño, os camiñantes descubran os muíños de Cambeda ubicados no municipio de Vimianzo. Esta andaina é circular e percorrerá 11,5 quilómetros a través do Val de Vimianzo.
Durante o percorrido, os camiñantes comtemplarán o pazo e a capela de Trasouteiro, a igrexa e o hórreo de Cambeda así como un bo número de muíños - na súa maior parte derruídos - que se atopan entre os ríos de Cubes e Cambeda. Entre eles había un batán que xa aparece nomeado no século XVIII no Catastro de Ensenada. Ademais do valor histórico e cultural da andaina, os camiñantes poderán gozar das pequenas e fermosas cascadas do río Cambeda. Xa no último tramo do roteiro contemplarase a ponte do Vao das Areas pola que discorría o Camiño Real que unía os lugares de Vimianzo e Cambeda. Bosques de ribeira, saltos, fervenzas e até unha antiga central hidroeléctrica son algúns dos principais segredos que agochan esta ruta.
Inscricións
Os interesados en participar na andaina deben enviar un correo electrónico a [email protected] antes do 1 xuño ás 14 horas indicando nome, apelidos, data de nacemento, DNI, número de teléfono e lugar de residencia.
Novas relacionadas
- Facendo comarca a pé nas Andainas Coñece a Costa da Morte
- Mil parabéns para o Inclusivo Camiño Sen Límites.
- 10-04-17: 400 veciños da bisbarra descubren andando a maxia de Cee.
- Ponse en marcha a 5ª edición das Andainas para coñecer a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Concello de Vimianzo