sábado. 15.03.2025
El tiempo

As Escolas Municipais de Vimianzo afrontan as súas emotivas clausuras

As Escolas Municipais de Vimianzo afrontan as súas emotivas clausuras

Chega o comezo do verán, e con el o peche do curso. Así, dende o Concello de Vimianzo infórmannos da programación das clausuras das escolas culturais do concello de Vimianzo. Así, a partir do 18 de maio, teremos emotivas despedidas de curso das escolas de pandeireta-gaita e percusión, de teatro, de guitarra, as deportivas…

Haberá tamén un par de citas singulares, como a Gala Casting do Asalto ao Castelo, o 31 de maio, ou a inauguración das Exposición da escola municipal de arte e palillo.

Peche das Escolas Municipais de Vimianzo

Xornada informativa da ANPA San Vicenzo

Mentres, a ANPA San Vicenzo organiza unha xornada informativa o venres 16 de maio, ás 20.30 horas na Casa da Cultura, sobre o Método educativo Nenoos, un método baseado no emprego conxunto do ábaco e do bain gym, que se ofertará o vindeiro curso como actividade extraescolar.

Xornada informativa da ANPA San Vicenzo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios