Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As Nemanquiñas de Vimianzo celebran o sábado a 11ª xuntanza de palilleiras

As Nemanquiñas de Vimianzo celebran o sábado a 11ª xuntanza de palilleiras
nemanquinas-vimianzo As Nemanquiñas realizaron unha panillada o pasado verán no patio do Castelo de Vimianzo Unas 550 palilleiras de Viveiro, Foz, Cervo, Burela, Sarria, San Ciprián, Lugo, Pontevedra, Vigo, Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcía da Arousa, Tui, O Porriño, Ribeira Sacra, A Coruña, Boiro, Valga, Porto Novo, Valga, Ferrol, Fene, Neda, Ames, Betanzos, Lousame, Cambre, Arteixo, Coirós, Carral, Noia, Oleiros, Abegondo, Bergondo, Padrón, Corme, León, Ourense, Salamanca, Camariñas e  Vimianzo xuntaranse este sábado no pavillón municipal vimiancés con motivo da XI Xuntanza de Palilleiras. As participantes amosarán os seus traballos e intercambiarán ideas e experiencias ao redor desta manualidade. O pavillón estará aberto ao público dende as 10 horas e ao mediodía terá lugar a inauguración oficial da Xuntanza na que participará o alcalde de Vimiano - Manuel Antelo -. Logo, ás 13:30 horas desfrutarán dun xantar de confraternidade no restaurante Pastoriza. A asociación As Nemanquiñas de Vimianzo é a encargada da organización deste evento e conta coa colaboración do concello de así como cos establecementos da vila e de Baíñas. Fonte  

Comentarios