As Xornadas Micolóxicas da Costa comezan en Vimianzo
Chegou o outono e con el, os cogumelos. Xa esta fin de semana abríamos coa nova columna micolóxica do mestre Marcote, desta volta sobre os champiñóns. E esta semana xa damos paso ás novas propostas que se nos ofrecen pola zona para disfrutar do bosque e dos cogumelos.
Por Vimianzo, os os Castros dan paso aos cogumelos, e xa propoñen xa as II Xornadas Micolóxicas, con grandes especialistas, mentres algún establecimento aproveita o tirón "fungi" para ofrecer interesantes saídas.
II Xornadas Micolóxicas de Vimianzo
- Sábado 27 de outubro.
- De 9:00 - 13:30: Saída ao campo para a recollida e clasificación de exemplares co micólogo Manuel Pose Carracedo. - Domingo 28 de outubro:
- 9:00 - 13:00 Saída ao campo para a recollida e clasificación de exemplares co micólogo Manuel Pose Carracedo.
- 14:00 Degustación dos Cogomelos recollidos, en Casa Sabina (Vimianzo).
Máis información e inscrición
- Prezo: 20€ (Max. 25 persoas.)
- Para inscribirse: 615883848 ou [email protected].
Fins de semana micolóxicos
É o Hotel Monte Branco o que primeiro organiza as xornadas micolóxicas: Cogomelos de Costa da Morte, impartidas por Jose María Traba e Jose Manuel Castro Marcote, autores do libro "Cogomelos de Galicia".
As fins de semana do 9 ao 11 de novembro e o 16 ao 18 poderase asistir a unha fin de semana completa con curso de micoloxía, e comida campestre e cea a base dos produtos escollidos.
Novas relacionadas
- Nocións Micolóxicas co mestre Marcote: Champiñóns.
Máis novas micolóxicas
- Contra as fumigacións agresivas.
- Xornadas Micolóxicas 2011: A escaseza non impediu que Pan de Raposo xuntase máis de 100 cogumelos nas Xornadas Micolóxicas.
- 500 cogumelos máis nun novo libro micolóxico con semente da Costa.
- A Costa da Morte no centro da micoloxía de Galicia.
- Marcote presenta en casa o seu novo libro de cogumelos dunares.
- Xa está a venda a terceira edición de "Cogomelos de Galicia".
Outras novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).