Luns. 18.11.2019
El tiempo

Mónica Rodríguez: “Vimianzo sufría un grave illamento do resto de administracións. Os políticos temos que petar na porta que faga falta”

Mónica Rodríguez, alcaldesa socialista de Vimianzo
Mónica Rodríguez, alcaldesa socialista de Vimianzo
Mónica Rodríguez: “Vimianzo sufría un grave illamento do resto de administracións. Os políticos temos que petar na porta que faga falta”

Mónica Rodríguez é, dende o pasado 15 de xuño, a nova alcaldesa de Vimianzo. É unha das catro alcaldesas que temos na comarca, xunto á popular Inés Monteagudo, e as tamén socialistas Sandra Insua e Margarita Lamela.

Nestes 4 meses de goberno (despois de 8 anos de alcaldía de Manuel Antelo, primeiro co BNG e despois formando Adiante Vimianzo), cambioulle radicalmente a vida, e asegura que leva “desconxestionando” a actividade municipal. “Creo que conseguimos cambiarlle a cor de Vimianzo, dende a imaxe da limpeza, preocupándonos por darlle vida polígono, promovendo a xestión urbanística, e conseguindo cousas como as as 20 prazas extra e o servio de madrugadores na escoliña.

 
  • QPC: Como se leva ese cambio de vida? Que tal a familia? Tes tempo para facer algunha actividade lúdica?

Pois complicado a verdade. Como en todo, estamos nun proceso de adaptación. Foi un cambio moi radical. Para min é un novo proxecto, que me esixe unha responsabilidde tremenda, e necesito a comprensión do meu marido e a miña filla, e teño todo o seu apoio. A parte negativa é o pouco tempo que lle podo dedicar a miña nena, pero estou contenta con este novo cambio na miña vida, que implica entrega e dedicación, algo de que xa era consciente. Sabía que ía cambiar, e agora estou intentando adaptarme para atender aos veciños, teño un compromiso máximo con eles.
A día de hoxe, é certo que hai que irse organizando, non teño tempo para dedicarme a ningún hobby. Só o traballo e a miña familia, pero a realidade é que ao Concello é difícil dedicarlle máis horas do día das que lle estou botando.

 
  • QPC: 4 alcaldesas novas na comarca con respecto á anterior lexislatura. Que supón isto para unha zona que está habituada a chegar tarde aos cambios? Que diferencias aportades aos alcaldes masculinos?

Eu aquí non vexo demasiado diferencia. Creo moito na igualdade, e temos que agradecer a todas esas mulleres que levan anos nesa loita feminista para rachar eses teitos. Agora mesmo que nesta zona saíramos 3 alcaldesas socialistas é moi positivo, nin por ser mellores nin peores; somos iguais,. Ao ser ademais 8 alcaldes e alcaldesas da comarca, somos xa un gran equipo e temos moita relación e sentímonos perfectamente integradas e respectadas.

 Alcaldesas socialistas da Costa da Morte
Mónica Rodríguez, no centro, con Sandra Insua, alcaldesa de Camariñas, e Margarita Lamela, rexedora de Cee
  • QPC: Que foi a primeira cousa que fixo ao sentarse no despacho?

Resoplar… Porque empecei a ser consciente da responsabilidade que acaba de adquirir. Aínda estou nese proceso de asumir esa carga de traballo, que ademais conleva unha responsabilidade moi grande. E claro, que poñer en marcha un goberno de cambio non é doado. Para nós é fundamental o dialogo, entre o goberno, os traballadores do Concello, os organismos… E temos claro que en ningún caso desfacer nada que está ben feito. As que funcionaban ben dámoslle continuidade.

 
  • QPC: Como valoras as críticas dende Adiante Vimianzo pola reunión co CSIF?

Eu non me considero destrutiva. E creo que sacar conclusións así de duras dunha foto é algo grave. Paréceme moi triste e desproporcionado que dunha foto na que se ve coordialidade se saquen esas conclusións. Cando alguén saca unha foto o normal é sorrir, así de simple. E nós temos que buscar a vía do diálogo. Por iso nos sentamos con represantes sindicais escollidos por votación, que me pediron unha cita para conversar, e o meu deber e obrigación é escoitalos. Nesa reunión só se manifestaron cousas, non se acordou nada pero ten que haber, ante todo, diálogo. Eu veño da empresa privada, e se non hai traballo en equipo as cousas non saen ben.
En todo caso, máis alá diso, estou moi contenta coa resposta dos traballadores, cunha actitude moi colaboradora para que as cousas camiñen. Estou orgullosa de todos e todas.

 
  • QPC: Como se atopou o Concello? Había algunha sorpresa grave nos caixóns?

Pois si. Chegar e atoparse o ordenador sen o disco duro da alcaldía, preocupoume bastante…

A deriva do goberno de Antelo xa nos permitiu palpar como ía. Pero si que levamos sorpresas ao ver o intestino dos expedientes… cousas que se conxestionaron, que son máis das que esperaba.

 
  • QPC: Que cousas son as máis “conxestionadas”? Que carencias máis importantes ten Vimianzo despois de 8 anos de goberno de Antelo?

Un montón de departamentos sen atención… O mantemento do Concello era case nulo: o Edifico de Servizos Múltiples, a Escola de Bamiro, cubertas que nunca tiveron un mantenimento, as instalacións deportivas… O polígono estaba esquecido e había unha desilusión no empresariado.
Hai que coidar as cousas. E por exemplo, a limpeza en certos núcleos estaba esquecida… Tamén hai obras pequenas de certas parroquias que temos que abordar con urxencia.

E despois hai unha cousa importante: O illamento co resto de administracións. Nós temos que petar na porta que faga falta. Xa nos temos reunión, e seguiremos facéndoo, con responsables da Deputación, da Xunta e do Goberno Central, para trasladarlles as demandas que necesita Vimianzo, e que os veciños nos trasladan a nós.

 
  • QPC: Despois das Eleccións, fixestes unha proposta tanto a Adiante Vimianzo e PP para manter un diálogo. Vai ser efectiva esa forma de gobernar o preve unha lexislatura tan candente como a campaña?

Eu díxeno o primeiro día e mantereino sempre. O noso obxectivo é o diálogo. Hai xente que se presta máis que outra, e queremos falar co resto de representantes, sempre que haia unha vontade positiva, sempre que se fagan propostas construtivas. Se do outro lado hai boa maneira de trasladar as propostas polo ben de Vimianzo non haberá ningún problema. Se só chegan críticas de cousas que non chegaron en 8 anos e queren que saian en 100 días…

 
  • QPC: Parece que o Concello segue apostando polo patrimonio, como se viña facendo nas lexislaturas anteriores. Por que? Que cousas quere aportar este grupo de goberno neste sector?

Aquí non se vai volver con nada que estea funcionando. Xa o anterior goberno socialista se preocupou moito do patrimonio. Nós temos que conservalo porque para nós é fundamental. Pero non só hai que presumir da fachada do patrimonio. Hai que coidar o que hai arredor: os accesos, a sinalización… Para nós é o motor, a fonte de ingresos máis importantes é o turismo.

Por exemplo, vimos de conseguir melloras de iluminación, son… no Castelo despois de ir petando á porta da Deputación, de cara aos eventos que estamos realizando, así como o 25 aniversario do Asalto ao Castelo, que vai ser unha festa espectacular.

 
  • QPC: Será entón o Asalto ao Castelo non vai a ser Festa de Interese Turístico?

 

Pois é un tema tremendo, que me xerou unha impotencia. A comezos de ano aprobouse por unanimidade no pleno volver solicitar á Xunta a declaración. Pero ese expediente, administramente falando non se presentou. Sacou a foto e nada máis. Acaba de firmalo Mónica Rodríguez o 2 de xullo, e tivemos que presentalo nós á Consellería pertinente.

Levaremos a onde faga falta que esta festa vaia a máis. E estamos traballando neso, e creo que sería moi bo de cara ao 25 aniversario. Esa festaza que temos en Vimianzo, reproducímola nun papel os técnicos, e teño a esperanza que o xurado que valore e ese dossier saque unha boa valoración para cumplir este soño, que sería un recoñemento merecido.

A verdade é que unha cousa que temos que coidar. Ten moito mérito pola xente do tecido asociativo, conseguindo unha implicación completa da xente do pueblo. Teñen todo o noso apoio porque sabemos que traballan os 365 días do ano.

 
  • QPC: Que outras liñas son prioritarias?

Ademais da limpeza e mantemento, toca traballar na desconxestión da área de urbanismo e a dinamización do Polígono, animando a empresas que se unan ao noso polígono. Fixen unha petición pola falta de asesoramento e coñecemento sobre como instalarse nun polígono. Levamos un bo número de inscricións para facer o luns 28 unha xornada informativa que se vai facer o día 28. É fundamental amosar e ensinarlle ás empresas o noso polígono, ten unha ubicación estratéxica na comarca.

 

 

A día de hoxe, non teño noticias, porque a verdade é que non sabemos nin como vai ese proxecto de 5,5km de Santa Irene a Calo. Ninguén se puxo en contacto co concello. Per non podemos permitir que tiren balóns fóra. O enlace ao Polígono é do máis sinxelo. Non facelo sería un problema para Vimianzo e para as empresas. Quero pensar que se vai facer pero sinceiramente non sei se se está redactando. E é algo que nos ten moi preocupados, porque é un acceso fundamental para toda a comarca.

 

Tivemos unha primeira reunión coa dirección do colexio e a ANPA. Na última visita do delegado da Xunta, Ovidio Rodeiro, trasládamoslle a creación de novos FP, pedindo, por orde, o de metal, e despois un de gandeiría e outro de hostalería. Quedamos pendentes doutra reunión.

 

Comentarios