Avanzan as obras do pavillón de Vimianzo
Visita institucional esta mañá ao pavillón polideportivo de Vimianzo para comprobar as obras de eficiencia enerxética que se están levando a cabo cun apoio da Xunta de 140.000 euros e que se
inclúen dentro da orde de axudas do Fondo Adicional do Fondo de Cooperación Local, da liña dirixida á mellora da eficiencia enerxética dos edificios de titularidade municipal.
O delegado da Xunta na provincia, Gonzalo Trenor, lembrou que o Concello de Vimianzo recibe outra partida de máis de 33.000 euros para a mellora do parque infantil de Carnés da orde para a creación ou mellora de infraestructuras vinculadas á prestación de servicios municipais.
Ademais Vimianzo tamén conta, a través do Fondo de Compensación Ambiental, cunha axuda de 161.000 euros para financiar servizos municipais dedicados á protección do medio ambiente. Entre os obxectivos que deben perseguir estes apoios figuran a conservación da biodiversidade, o fomento do coñecemento e da utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais, e a recuperación do medio natural degradado ou contaminado. Tamén deben impulsar a eficiencia e o uso sustentable das enerxías renovables, e, en xeral a protección do medio ambiente.