Carmen Borbujo: "Non pactaremos con ninguén nin antes nin logo das eleccións de maio"


A portavoz popular en Vimianzo, Carmen Borbujo quere deixar claro a postura do PP de Vimianzo de cara aos posibles pactos electorais. Cansada de xa tanto "Cacabelos", a voceira insiste en que o seu partido "non pactará con ningún grupo nin antes nin logo das eleccións municipais de maio".
As aclaracións fainas despois de que os representantes do PSOE e o mesmo Alejandro Rodríguez, actual candidato de I x Vimianzo, "insinuasen un posible pacto entre Rodríguez Lema e Carmen Borbujo", segundo a voceira. A candidata do PP asegura "que este tipo de declaracións conveñen politicamente para confundir ao electorado. Pero desde o noso grupo insistimos en que non haberá pactos con ninguén, nin antes nin logo das eleccións de maio" Borbujo explica que o que si é evidente e recoñecido publicamente "é que o PSOE e BNG pactarán, aínda que dubido de que quede fóra de negociación I x Vimianzo. Alejandro Rodríguez asegura que non pactará con BNG, pero non aclara se o fará o seu partido noutras circunstancias".
Borbujo pide aos seus rivais que se queren manter a política de pactos que o fagan, pero que non inclúan ao PP de Vimianzo dentro de ningún saco de negociación porque insisten en que "o PP non se vende".
Novas relacionadas
- O PP abre o camiño cara as eleccións.
- O PSOE vimiancés, apoiado por Moreda, asegura “non entender de traicións".
- IxVimianzo preséntase con relativas sorpresas e chegando a cada parroquia.
Fonte
- Nota de prensa do PP de Vimianzo.