Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Case 6000 euros de "Solidariedade" en Vimianzo

Case 6000 euros de "Solidariedade" en Vimianzo
O equipo encargado de Vimianzo Solidario en 2017

A case 5805,29 euros ascendeu a recadación de "Vimianzo Solidario". Este importe procede das doazóns económicas, da venda de entradas da Gala Solidaria e da venda de rifas e enmarcase nas actividades que, como cada Nadal, echen de solidariedade a capital soneiran.

A metade deses cartos, 2.902,64 euros, irán destinados a Cáritas e a outra metade á Cruz Vermella. En total sorteáronse 112 agasallos, doados polos comercios de Vimianzo. 156 empresas ou comercios colaboraron, ben a través da doazon directa de agasallos para o sorteo ou ben achegando unha doazón económica.

A organización correu a cargo do Concello de Vimianzo, de Cáritas Vimianzo e da Cruz Vermella de Vimianzo junto con persoas voluntarias a título individual.

Comentarios