Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Castelo de Vimianzo recupera o Museo de Artesanía en Vivo e as Visitas Teatralizadas

ACTIVIDADES CASTELO VIMIANZO NO ASALTO 2022
O Castelo de Vimianzo recupera o Museo de Artesanía en Vivo e as Visitas Teatralizadas

Xa está a pleno rendemento do Museo de Artesanía en vivo do Castelo de Vimianzo con ducias de artesáns traballando e creando obras de arte en directo.

Pero ademais, o Castelo de Vimianzo recupera tamén as visitas guiadas e teatralizadas polas Semana do Asalto. O vindeiro sábado 25 de xuño ás 11.00 horas e ás 17.00 horas terá lugar a primeira das visitas guiadas no Castelo. O domingo haberá outra oportunidade ás 17.00 horas e o 3 de xullo rematará cunha sesión ás 11.00 horas.

Canto á visita teatralizada terá lugar o 3 de xullo; ás 12.30 horas e as 17.00 horas, día no que rematará semana da Revolta, con dúas representacións teatrais dos Quinquilláns para recordarnos a historia do castelo. As persoas interesadas en gozar destas visitas deberán apuntarse nesta ligazón.

Novas sobre o Asalto

Comentarios