Venres. 15.11.2019
El tiempo

Ceden parte da parcela dos petroglifos de Boallo ao Concello para a súa posta en valor

Petroglifos de Boallo, Berdoias-Foto-Megaliticia
Petroglifos de Boallo, Berdoias-Foto-Megaliticia
Ceden parte da parcela dos petroglifos de Boallo ao Concello para a súa posta en valor

Continúa Vimianzo apostando polo patrimonio. Desta volta en clave de petroglifo, pois o Concello de Vimianzo conseguiu a cesión de parte da parcela na que se atopan os petróglifos de Boallo, que actualmente contan coa máxima protección arqueolóxica e cultural pois están declarados BIC. A cesión terá unha duración de 25 anos e a superficie cedida é superior aos 8000m2, e permitirá traballar nun proxecto de posta en valor e protección deste importante elemento patrimonial.

O Concello agradece a colaboración do propietario, e lembra que esta cesión súmase á recente compra do dolmen de Pedra Cuberta por parte do Concello.

Novas relacionadas

Comentarios