Ceden parte da parcela dos petroglifos de Boallo ao Concello para a súa posta en valor
14:44 25/04/19
Continúa Vimianzo apostando polo patrimonio. Desta volta en clave de petroglifo, pois o Concello de Vimianzo conseguiu a cesión de parte da parcela na que se atopan os petróglifos de Boallo, que actualmente contan coa máxima protección arqueolóxica e cultural pois están declarados BIC. A cesión terá unha duración de 25 anos e a superficie cedida é superior aos 8000m2, e permitirá traballar nun proxecto de posta en valor e protección deste importante elemento patrimonial.
O Concello agradece a colaboración do propietario, e lembra que esta cesión súmase á recente compra do dolmen de Pedra Cuberta por parte do Concello.
Novas relacionadas
- Pedra Cuberta afeita as barbas.
- Suso Lista atopa novos petroglifos: “Corme é o puto centro dos petroglifos oceánicos”.
- Localizan novos petroglifos en Muros e alertan de que o seu abandono ameaza a súa riqueza patrimonial.
- Vimianzo afonda, como capital europea, en estratexias concretas de patrimonio e desenvolvemento rural.