luns. 02.06.2025
El tiempo

Cen maiores de Vimianzo visitan a illa de Mallorca

Cen maiores de Vimianzo visitan a illa de Mallorca
vimianzo-mallorca Os vimianceses e vimiancesas sairon en avión o pasado día 19 e regresan o 26 de setembro Un total de 96 vimianceses e vimiancesas están estes días na illa de Mallorca grazas á tradicional excursión que organiza todos os meses de setembro a concellería de Benestar Social, Igualdade e Ensino. Os excursionistas sairon en avión de Santiago de Compostela o pasado martes día 19 e regresan o vindeiro 26 de setembro. Na illa balear poderán gozar das praias, das covas do Drach, das vilas de Pollença e Valldemossa e da cidade de Palma de Mallorca. Viaxou con eles a concelleira María José Ramos Rey, acompañada de persoal do departamento de Servizos Sociais.

Novas relacionadas

Fonte Redacción QPC (info@quepasanacosta.com) Concello de Vimianzo

Comentarios