Venres. 26.04.2024
El tiempo

Comeza o Vimiverán

Comeza o Vimiverán
Oitentacinco nenos e nenas do concello de Vimianzo de entre 6 e 12 anos inician hoxe as activiades do Campamento Vimiverán. O longo desta semana disfrutarán de diferentes actividades como talleres de coiro, manualidades, xincanas, xogos na piscina, piragüismo, visitarán o Planetario da Obra Social La Caixa, realizarán unha ruta de sendeirismo a Sabadelle, para coñecer a saída ao mar do concello de Vimianzo, etc. A xornada máis agardada polos participantes, coma vén sendo habitual, é a acampada do xoves no pavillón municipal, un día que pasan a noite todos xuntos fóra da casa, entre xogos, risas e diversión. Máis actividades Os maiores de 16 anos tamén terán o seu campamento no mes de agosto. Este xa fóra de Vimianzo, no país veciño, onde pasarán tres días de deporte de aventura e actividades culturais en Póvoa de Lanhoso, aproveitando para realizar unha visita á fermosa cidade de Braga. Unha vez rematados os campamentos urbanos, o 15 de xullo dará comezo o curso de piragüismo, o 21 o torneo interparroquial de fútbol sala e o 22 o curso de natación na piscina municipal.

Comentarios