Xoves. 16.07.2020
El tiempo

A completa oferta de visitas guiadas aos tesouros patrimoniais de Vimianzo

A completa oferta de visitas guiadas aos tesouros patrimoniais de Vimianzo
Espectacular o programa de visitas guiadas do Concello de Vimianzo. Xullo e agosto non teñen parada, con visitas guiadas continuas, priorizando as actividades ao aire libre e mantendo as normas do COVID. A gran novidade é que haberá unha persoa que atenda aos visitantes os venres, sábado e domingos, tanto en horario de mañá como pola tarde nos Batáns de Mosquetín.

Pero ademais dobrarase tamén, o persoal no Castelo de Vimianzo. Os domingos haberá visitas teatralizazas ao son das compañías Os Quinquilláns e aptas para todos os públicos.

Os sábados, ademais de no Castelo e nos Batáns, haberá a actividade denominada ‘Paisaxes de Vimianzo’, unha serie de roteiro polo Patrimonio Cultural e Natural das diferentes parroquias.

As reservas poderanse facer telemáticamente, por whatsapp ou por enderezo electrónico, indicando nome completo, dirección postal e número de teléfono, en [email protected] e no 604 036 617. O obxectivo desta planificación e atraer visitantes para que reverta na economía local, xa que o Turismo forma parte da área de desonvolvemento local do concello.

comentarios