Sábado. 07.12.2019
El tiempo

O Concello de Vimianzo abre o prazo para axudas polo inicio do curso escolar

O Concello de Vimianzo abre o prazo para axudas polo inicio do curso escolar
O Concello de Vimianzo abre o prazo para axudas polo inicio do curso escolar

A Área de Benestar Social do Concello de Vimianzo, informa de que continúa aberto o prazo ata o vindeiro 15 de setembro 2019, para solicitar axudas para o inicio do curso escolar 2019 – 2020 para alumnos/as de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria obrigatoria empadroados no concello de Vimianzo que cursen ditos estudos en centros públicos e que pertenzan a familias desfavorecidas economicamente, con rendas per cápita por debaixo dos 9.000 euros anuais.

Comentarios