Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo inviste máis de 260.000€ na mellora da eficiencia enerxética do pavillón municipal

As obras, que están en fase de licitación, inclúen melloras nas fachadas e na cuberta
O Concello de Vimianzo inviste máis de 260.000€ na mellora da eficiencia enerxética do pavillón municipal

O Concello de Vimianzo executará o proxecto de mellora da eficiencia enerxética do pavillón municipal. As obras, en fase de licitación, terán un orzamento base de 266.751,92 euros e o prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 25 de setembro.

Actuarase tanto nas fachadas como na cuberta, substituíndose as actuais chapas metálicas sen ningún tipo de illamento, por paneis de aceiro prelacados de 100 milímetros e expesor e cun núcleo de lá de rocha, que suporá unha mellora substanciable con respecto á mellora enerxética do edificio. Estes paneis tamén mellorarán as condicións acústicas da construción, e para dar iluminación natural ao interior realizaranse tramos con paneis translúcidos tanto na fachada como na cuberta.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, asegura que “con estes traballos darase solución a un problema estrutural de fai moito tempo, co conseguinte aforro tamén de custes en materia de enerxía que se adican a esta instalación”, insiste.

Comentarios