Dakidarría, Che Sudaka, De Ninghures, Ulex e Yaya DJ no primeiro avance do Asalto
- Xa á venda os primeiros abonos para o venres e sábado a prezo reducido en asaltoaocastelo.gal.
A maquinaria do festival irmandiño da Costa da Morte bota a andar. O Asalto ao Castelo, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, e finalista nos recoñecidos Iberian Festival Awards e nos Premios Martín Códax da Música, pon xa data e primeiras bandas para unha cita que é moito máis que un festival de música.
Con todo, é precisamente a música a que pon unha das primeiras notas de cara á súa 29ª edición, que se celebrará o venres 3 e o sábado 4 de xullo. As organizadoras, AX Cherinkas e AC Axvalso, fan público o primeiro adianto de grupos, que combina grandes referentes da música galega, o talento emerxente e a mestizaxe internacional, sempre con estes toques de ska e rock combativo.
Aínda que a distribución por días manterase en segredo ata completar o cartel, a organización promete dúas xornadas de troula ininterrompida co selo de calidade que caracteriza a este festival referente na Costa da Morte.
A selección de artistas para 2026 responde a un criterio de diversidade e coherencia co espírito de resistencia do Asalto:
Dakidarría: Unha banda xa histórica no panorama galego e mesmo estatal. Con máis de 20 anos de traxectoria e letras revolucionarias ata en doce linguas, promete unha gran descarga de enerxía na praza do Asalto.
Che Sudaka: Este colectivo de orixe suramericana e afincado en Barcelona traerá a Vimianzo o seu "punk reggae party". Referentes internacionais da cumbia, o ska e a rumba, a súa música é unha invitación ao optimismo e á reflexión, herdeira do espírito festivo de bandas como Mano Negra.
De Ninghures: Recentemente recoñecidos co Premio Martín Códax da Música 2025, representan a excelencia na actualización da música popular galega. A súa mestría para fusionar coplas tradicionais con ritmos contemporáneos convérteos nunha das bandas máis interesantes da escena actual.
Ulex: A banda compostelá traerá ao Asalto a súa particular fusión de rock e ritmos de cumbia para presentar o seu disco debut, Lonxe de ti. Con esta proposta, Ulex confírmase como unha das revelacións musicais do ano.
Yaya DJ: Profesionalidade e eclecticismo para garantir que a música non pare, mesturando clásicos e sons actuais nunha sesión deseñada para todos os públicos.
Novidades na venda de entradas e abonos
Como principal novidade para este 2026, será necesario dispor de entrada para acceder ao recinto de concertos tanto na xornada do venres como na do sábado.
Dende a organización —composta polas asociacións Cherinkas e AXVALSO xunto ao Concello de Vimianzo e a colaboración da Deputación da Coruña— explican que esta medida busca consolidar o evento como un festival de dous días con programación de primeiro nivel en ambas datas, aumentando considerablemente a oferta musical na noite do venres.
Para premiar a fidelidade dos seguidores máis rápidos, hoxe mesmo actívase a venda de abonos promocionais a prezo reducido en asaltoaocastelo.gal.
Máis novas
Máis crónicas do Asalto
- Asalto 2021: Vimianzo viviu unha grandiosa revolta irmandiña
- Asalto 2024: Manu Chao fixo o Asalto ao Castelo máis internacional
- Asalto 2023:O Asalto toca Terra
- Asalto 2022: O Asalto ao Castelo 2022 en vídeo.
- Asalto 2022: Vimianzo viviu o seu Asalto máis multitudinario.
- Asalto 2021: O lume tomou as terras irmandiñas.
- Decembro 2019: O Asalto tamén vai polo bo camiño para ser declarada Festa de Interese Turístico.
- Asalto 2019: A calor irmandiña invadiu Vimianzo nun exitoso Asalto ao Castelo.
- Asalto 2017: O Asalto rexistrou o maior éxito de público da súa historia.
- Asalto 2016: Os irmandiños volven a Vimianzo.
- Asalto 2015: O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube.
- Asalto 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012: A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo