Martes. 15.10.2024
El tiempo

De London a Vimianzo co auto-retrato de Antonio Nodar

De London a Vimianzo co auto-retrato de Antonio Nodar
Exposicion-de-Antonio-Nodar-en-Vimianzo

Difícil é ser profeta na túa terra, pero hai persoeiros que a base de traballo conseguen que se lles recoñezan os méritos ata no seu lugar de orixe. Un deles é Antonio Nodar, que volve a expoñer na súa terra, en Vimianzo, no marco do proxecto de recuperación artística do Concello vimiancés, despois de traer a Xurxo Martiño e Antón Mouzo, que ademais dá nome ademais á Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Vimianzo.
Precisamente alí será onde se celebra a inaguración da exposición de Nodar este venres 5 de outubro.

Dende o Concello afirman que é "un orgullo para o goberno municipal que Antonio Nodar aceptase a invitación de expoñer na Sala de Exposicións Antón Mouzo, pois que un artista coa súa proxección internacional, que expón as súas fotos por todo o mundo, faga un oco para Vimianzo é de agradecer". Explican que "a Sala de Exposicións Antón Mouzo naceu coa idea de proxectar e dara coñecer os artistas locais, quizais Nodar non precisa proxección a nivel internacional, pero é importante que en Vimianzo se coñeza este artista residente en Londres, pero nacido en Baíñas, onde vive a súa familia".

Nodar é un fotógrafo de Baíñas que leva moitos anos en Londres e expón por todo o mundo. De feito chega de expoñer no Nepal. A Vimianzo chega cunha proposta concreta: ...from portrait to self-portrait... (... do retrato ao autoretrato...), un proxecto no que leva traballando dende 1996 fotografiando a diferentes persoeiros. A idea é que tras facerlle unha foto en branco e negro, os propios protagonistas personalizan as fotos quedando retratos-autoretratos ben significativos da personalidade de cada un.

Aquí podedes ver unha mostra, e de aquí á Casa da Cultura:

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios