De piscinas e Nadal por Vimianzo


Recibiu esta semana o alcalde de Vimianzo a visita do arquitecto Alberto Montesinos Suárez de la Vega, gañador do Concurso de ideas para a execución dunha piscina municipal cuberta en Vimianzo. Esa piscina que o Concello non pode asumir, como recoñecían o día da presentación do proxecto gañador, cando non puido asistir por atoparse traballando nos Estados Unidos e foi representado no acto por seu pai.
Aproveitando a visita, o arquitecto entregoulle ao alcalde unha maqueta a escala do proxecto, que segundo o xurado do Concurso cumpre axeitadamente os valores estéticos, se adecua ao programa proposto, ás relacións co entorno e coas edificacións existentes e ademáis amosa unha razoable calidade técnica, de disposicións construtivas e de consumo enerxético.
Alberto Montesinos Suárez de la Vega é máster en arquitectura pola Harvard Graduate School of Design, traballou durante algúns anos no estudo do arquitecto Rafael Moneo e actualmente está a traballar en Nova Iorque.

Preparando o Nadal
Mentres, o alcalde mantivo unha xuntanza con representantes do comercio da localidade para preparar as actividades de dinamización da campaña de Nadal. Unha campaña que saíu moi ben nestes últimos anos.

Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).