Definitivamente, non haberá moción en Vimianzo

Definitivamente, non haberá moción en Vimianzo

A mañá do pasado sábado, os dous concelleiros do PSdG que promoveron a moción de censura durante o pasado 2013, entregaban no Rexistro do Concello este documento no que rexeitan definitivamente levar adiante aquela moción suscrita o 1 de marzo de 2013 que nunca se chegou a tramitar. Un ano despois, e tras moitas idas e vidas, os concelleiros toman a decisión de desistir da súa tramitación, de xeito que Roque non aceptar convertirse en candidato á alcaldía.

Un final tranquilo tras un ano de moita movida política en Vimianzo.

O PP de Vimianzo, na rede

Precisamente, un dos implicados na moción foi o PP vimiancés, aínda que sempre na sombra. Hoxe, sae para presentarnos unha web para informar e interactuar cos veciños: www.ppvimianzo.es. “Os veciños son os protagonistas do noso proxecto e tamén desta nova web” sinala o voceiro municipal Juan Amado.
As seccións de noticias permitiran “explica-la noso traballo e as nosas propostas”, indica Amado Sambade, e ademais “habilitamos unha sección de fotodenuncia para que os propios usuarios poidan subir as súas fotos e tamén hai unha sección de contacto porque queremos estar en liña directa cos cidadáns”.“Nestes tempos que temos un alcalde que non dialoga, o PP quere abrir unha fiestra na rede para os vimianceses” manifestou Juan Amado.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacotsa.com).