Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O alcalde de Vimianzo lembra que PP e PSOE están en contra da moción

O alcalde de Vimianzo lembra que PP e PSOE están en contra da moción
Manuel Antelo enfróntase á moción de censura en Vimianzo impulsada por José Manuel Rodríguez Blanco, Roque

Tras coñecer mellor como vai eso da moción de censura con Domingo Guerra, seguimos pendentes do Concello de Vimianzo e do posible cambio de goberno. Hoxe volve ser o alcalde vimiancés, Manuel Antelo, o que levanta a voz para indicar que "a moción de censura non pode prosperar porque hai dous tránsfugas, e así o vén de reiterar o PSOE a través dunha nota oficial pedindo que non actúen no seu nome porque están fóra do partido, como o demostra un auto xudicial".

Apunta ademais que "tamén o PP de Vimianzo acaba de manifestarse en contra da moción de censura e de desautorizar os dous concelleiros do PP que aparecen como asinantes". “Estamos á espera de que o PP de Galicia cumpra a palabra de expulsalos, tal e como anunciou publicamente, pois os concelleiros do PP que subscriben a moción son tránsfugas de feito á vista das declaracións do PP de Vimianzo”, di Manuel Antelo “é ben sabido que detrás desta moción só hai intereses espúreos e particulares para tratar de volver ao Concello e levar a Vimianzo á situación anterior”.

Exemplos

Lembra o alcalde que "a sentenza que acaba de saír no concello valenciano de Benidoleig vén de confirmar o carácter ilegal da moción de censura de Vimianzo. Neste concello viviuse un proceso similar con tránsfugas nunha moción de censura que unha sentenza acaba de anular seguindo os mesmos argumentos que vén empregando o goberno municipal de Vimianzo. Na localidade de Orihuela acaba de darse outra situación similar á de Vimianzo, a moción de censura tampouco prosperou coa dilixencia negativa do secretario municipal ao non reunir os requisitos do Artigo 197 da LOREG".

Así, Manuel Antelo confía en que "se estimen todos os recursos e non se convoque o pleno para tratar unha moción ilegal e para que non se cometa un delito por parte dos censores, tal e como veñen anunciando publicamente, desprezando a lei e, o que é máis importante, desprezando a vontade popular tratando de botar fóra un alcalde apoiado polo pobo".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios