Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O PSOE de Vimianzo terá que readmitir aos edís expulsados

O PSOE de Vimianzo terá que readmitir aos edís expulsados
Os edis Roque e Montserrat Vazquez son readmitidos no PSOE

José Manuel Rodríguez, Roque, e Monserrat Vázquez poderán voltar ás filas do PSOE de Vimianzo. Así o acordaba o Xulgado de Corcubión nun auto no que sinala que o PSOE vulnerou os seus priopios estatutos ao expulsar aos edís que presentaron unha fallida moción de censura ao alcalde vimiancés.Unha expulsión que ademais evitaba que a moción de censura se levase adiante ao seren considerados dende ese momento tránsfugas.

O Xulgado entende que o PSOE non permitiu presentar alegacións. Deste xeito os edís voltan ser membros do grupo socialista, se ben dende o ente provincial aseguran que recurrirán a sentenza e que intentarán "sucsanar os erros de forma", ententendo que as razóns da expulsión segue vixentes.

Deste xeito, e malia que o alcalde recorde que PP e PSOE están en contra da moción de censura, a vida política municipal en Vimianzo segue estando pendente dese feito, xa que os edís populares non foron expulsados.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios