Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O alcalde de Vimianzo recurrirá a sentenza xudicial que abre ás portas a unha moción de censura

O alcalde de Vimianzo recurrirá a sentenza xudicial que abre ás portas a unha moción de censura
Antelo cos seus concelleiros explicando a nova situacion-Foto-Roberto Rua

Ante nova sentenza xudicial que coñeciamos esta mañá, e que deixa de novo a porta aberta a unha nova moción de censura, o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, vén de convocar unha rolda de prensa na que informaba que vai recurrir. Vai recurrir a sentencia da xuíza instrutora, ao entender que unha Secretaria non ter que estar dispoñible 24 horas ao día os 365 días ao ano, como indica a sentencia.

O Salón de plenos volveu encherse para escoitar ao alcalde, como o 5 de marzo cando afirmaba aquelo do "Non haberá moción de censura", pero desta volta a sensación non foi a mesma.

Baralla tamén o alcalde outra vía de solución, i é que "o PP faga valer a lei" e obrigue aos seus concelleiros a non levar adiante a moción. Ao tempo, envioulle un recado ao grupo popular que amenazou con expulsar aos edís pero que polo de agora quedou nunha simple amenaza.

O Salon de plenos volve encherse para escoitar ao alcalde vimiances-Foto-Roberto Rua

Antelo, que se amosou moi sorprendido coa decisión xudicial. E non entende como é posible que a xuíza emita unha conclusión sen ter comprobado a veracidade das circunstancias.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios