Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Desfile do liño pechou a temporada estival do Museo de Artesanía en Vivo do Castelo de Vimianzo

Desfile do Lino no Castelo de VimianzArtesanía en Vivo 5 copia
O Desfile do liño pechou a temporada estival do Museo de Artesanía en Vivo do Castelo de Vimianzo

Como peche da tempada do Museo de Artesanía en Vivo do Castelo de Vimianzo, a Asociación de Amigos do Liño de Galicia que preside Carmen Riveiro, coa colaboracón do Concello e da Deputación, organizaba este venres unha nova edición do Desfile do liño.

Modelos da comarca desfilaron por unha pasarela repleta de vestimentas e complementos elaborados na fortaleza soneirá. O acto foi conducido pola xornalista vimiancesa Alba Mancebo, con gran expectación entre a veciñanza.

Artesanía en Vivo 1 copia

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, resaltou “o traballo incansable das artesás e artesáns”, unha maneira de facer arte que “é extensión da vosa personalidade, das vosas almas e que lle amosa ao mundo a vosa sensibilidade, delicadeza e maestría”, destacando no seu discurso que “vós sodes quen de continuar o que, moito tempo atrás, comezaron os nosos antepasados e tedes a honra de manter viva a identidade de Galicia”.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, subliñou o compromiso “das persoas que integran o corpo de artesanía que, cada verán, manteñen viva a nosa esencia e o que significamos para o mundo enteiro”, á vez que fixo fincapé no “compromiso obrigado das administracións para continuar promovendo este tipo de actividades, esenciais para facer extensible algo que, como ben dixo Mónica, comezou a nosa xente ben tempo atrás”.

Formoso e Rodriguez Artesanía en Vivo 2 copiaFoto de familia da Artesanía en Vivo 3 copia

Novas relacionadas

Comentarios