Luns. 06.12.2021
El tiempo

Deteñen un santiagués por un presunto delito de estafa coa venta de xel hidroalcólico a maiores da Costa da Morte

vehiculo requisado pola Garda Civil
Deteñen un santiagués por un presunto delito de estafa coa venta de xel hidroalcólico a maiores da Costa da Morte

Escollía persoas maiores de lugares como Vimianzo. Chamaba a casa identificándose como representante da Corporación Local, e solicitaba unha cita no seu domicilio para venderlle de diverso material de hixiene e prevención relacionado co Covid-19.
Se o veciño compraba o material, todo en orde, pero no caso de que o prexudicado se negase a recibilo ou unha vez no domicilio se se negaba a comprar os produtos, o agora investigado o coaccionaba coa súa suposta posición e influencia no Concello, ameazándoo cos supostos conflitos que a súa negativa íalle a xerar no Concello.

Estes feitos aconteceron durante o pasado mes de decembro. O Equipo Roca da Garda Civil da Compañía de Carballo en colaboración coa Garda Civil do Posto de Vimianzo puxéronse mans á obra trala denuncia de varios veciños. Tras varios meses de investigación, logaron a identificación plena do autor dos ilícitos, sendo esta persoa, un veciño de Santiago de Compostela, xa coñecida dos corpos de seguridade por ilícitos da mesma índole.
Así, o home está sendo investigado como presunto autor dun delito de estafa, e a investigaciónsegue aberta ao non descartar a existencia de máis vítimas.

Novas relacionadas

comentarios