Dezanove establecementos participan na X ruta de Pinchos Irmandiños de Vimianzo
20:21 26/06/17
Na ruta de pinchos irmandiños de Vimianzo participan 19 establecementos e máis o stand que estará ubicado na praza do concello
Vinte propostas diferentes e dezanove establecementos de Vimianzo participan na décima edición dos Pinchos Irmandiños, que se repartirán desde mañá até o sábado 1 de xullo, desde as 12 ás 15 horas e á tardiña das 19 a 23 horas (horario mínimo). Este ano o historiador Jorge Guitián e a cociñeira Anna Mayer foron os encargados de aconsellar e revisar a proposta gastronómica, tendo en conta que os ingredientes que se poden utilizar deben ser aqueles que se puidesen consumir en 1467. Polo tanto, quedan prohibidas as patacas, pementos e outros tantos produtos chegados de América.
Os puntos de servizo de petiscos distribúense por toda a vila. Son restaurante Edreira, restaurante Vázquez, restaurante Pastoriza, parrillada Montevideo, cervexería Risco, bodegón A Lareira, Happy Day, Coffee Room, bodegón O Petouco, O Agocho, Dialma Coffee & Lounge, Perla, Celme Café, café bar A Rúa, pizzería Hilton, cervexería Quilmes, casa Sabina, restaurante Via Rápida, restaurante O Castillo e o pincho doce no stand irmandiño na praza do Concello.
A orixinalidade segue radicando ademais no nome dos pinchos, que tamén gardan relación coa historia dunha maneira humorística.
App
Este ano, como novidade, crearon unha app para a ruta de pinchos
Como novidade, a organización creou unha aplicación para poder seguir a rota dos Pinchos Irmandiños sen ter que selar físicamente un cartón. Haberá agasallos irmandiños, até fin de existencias, para os que completen algunha destas rotas selando no cartón (a pedir nos locais) ou na App (Pinchos Irmandiños Vimianzo): Ruta Mínima (9 selos) e Ruta Total (os 19 selos). O cartón terase queentregar no recinto do Asalto ou nos locais establecidos cos datos de contacto cubertos e indicando o que, na súa opinión, é o mellor pincho e o local mellor decorado.
Canto ao selado na APP unha vez completado un mínimo de 9 pinchos poderase facer o rexistro no concurso. Ademais, entre os que completen calquera das rutas sortearase un lote de produtos Mahou en función do peso da persoa gañadora.
Novas relacionadas
- Asalto 2017: O Asalto ao Castelo chega ao mercado de Abastos de Santiago
- Asalto 2017: Continúa aberto o prazo para anotarse na III Legua Irmandiña
- Asalto 2017: A representación teatral do Asalto ao Castelo conmemora os 550 anos de Guerra Irmandiña
- Asalto 2017: Aberto o prazo para a III Legua Irmandiña
- Asalto 2017: Muchachito e Festicultores Troupes únense ao cartel do XXII Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2017: Asociacións e grupos da Terra de Soneira invitados a participar no desfile das Irmandades Parroquiais do Asalto ao Castelo
- Asalto 2017: Xabier Díaz e Herdeiros da Crus tocarán na XXII edición do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: Os irmandiños volven a Vimianzo
- Asalto 2016: Dezaoito pinchos irmandiños poñen o toque gastronómico do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: O Asalto ao Castelo premia aos mellores traxes medievais e ás fachadas mais singulares
- Asalto 2016: Os irmandiños presentan o cartel do XXI Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: Póñense á venda as primeiras entradas para a Cea Medieval do Asalto
- Asalto 2016: Ábrense as inscricións para a VI feira artesanal do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: Os hostaleiros de Vimianzo prepáranse para os pinchos irmandiños
- Asalto 2016: O Asalto ao Castelo quece motores cunha reunión organizativa
- Asalto 2015: O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube.
- Asalto 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2014: Os rollos da Marquesa; gañador dos pinchos irmandiños do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).