Xoves. 07.11.2024
El tiempo

" Do mar à terra" en Vimianzo

" Do mar à terra" en Vimianzo
“Do mar á terra” inicia un mes de setembro repleto de actividades formativas para os empresarios de Vimianzo.
A iniciativa “Do mar á terra” é unha iniciativa promovida polo Concello de Vimianzo e financiada polos fondos europeos do Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte, Gac3, que busca a valorización dos produtos do marco como recurso turístico a través da gastronomía.
O pasado luns os hostaleiros xa tiveron un encontro co cociñeiro Miguel Silvarredonda e dous arqueólogos que lles orientaron na elaboración de dous menús: un baseado na Idade de ferro e outro na época medieval. Durante todo o mes desenvolverase un calendario de cursos e actividades coas que se pretende crear unha rede profesional enfocada a traballar na mellora continuada, a promoción e a dinamización do sector turístico en Vimianzo,  O proxecto “Do mar á terra”,promovido polo Concello de Vimianzo e financiado con fondos europeos através do Grupo de Acción Costeira GAC 3- Costa da Morte, retoma as súas accións formativas despois do parón estival. Unhas actividades que están destinadas aos negocios de hostalaría do municipio a outros sectores comerciais, e particulares que desexen ampliar coñecementos no sector servizos.
Así, este xoves 5 de setembro terá lugar a segunda parte do curso“Rexidoría de pisos”, impartido no hostal Vázquez e que indicará aos asistentes as claves para unha boa xestión na limpeza, orden, hixiene, e produtividade na labor de mantemento de habitacións nos establecementos hoteleiros.A acción levarase a cabo entre as 17.00 e as 20.00 horas, igual que todas as dos restantes programas.
Outras accións que se desenvolverán ao largo do mes de setembro son as seguintes:
Luns 9 de setembro:O mar e as xentes da Costa da Morte”. Un grupo de hostaleiros de Vimianzo viaxarán ata Laxe para coñecer o funcionamento da lonxa e observar a subasta da tarde. Alí departirán con membros das confrarías de laxe e camariñas, así coma con representantes do Grupo de Acción Costeira GAC.2
- Mércores 11 de setembro: “A imaxe da nosa empresa en Internet”.Expertos en tecnoloxías da información, posicionamento web e comunicación farán unha análise da presenza na rede de cada unha das empresas que acudan á actividade. Ademais se lles dará unha serie de claves para a mellora da súa imaxe e produtividade.
- Luns 16 de setembro: Curso “Manexo e conservación dosprodutos do mar”. O experto cociñeiro Miguel Silvarredonda ensinará aos hostaleiros os cortes básicos do peixe e novas técnicas de conservación e envasado. Casa da Cultura.
- Mércores 18 de setembro: Charla “Xestión de empresasturísticas”, na que se explicará a importancia da calidade e da garantía de orixe nos produtos turísticos. Casa da Cultura.
- Luns 23 de setembro: Unha decena de empresas de Vimianzo viaxará a coñecer un caso de éxito nos proxectos de turismo gastronómico: “Mar de Arousa”. En Arousa falarán cos responsables da iniciativa, compartirán experiencias, e ademais realizarán a ruta do mexillón en barco entre as bateas e degustarán un menú bateeiro.
- Mércores 25 de setembro: “Atención ao cliente”. Unha metre e mestra de protocolo dará aos asistentes as claves básicas da atención ao comensal ou visitantes, como colocar as mesas nun restaurante e a correcta toma de comandas. Casa Sabina.
- Luns 30 de setembro: Curso de Barista. Destinado a camareiros/as. Un profesional explicará como se preparan diferentes tipos de cafés, cócteles ou combinados.
Xa no mes de outubro (con data ser determinar) impartirase a acción"Cociña miúda e Km0 ", a cargo do Restaurante Abastos 2.0 de Santiago de Compostela. Os chefs do restaurante santiagués intentarán transmitir aos hostaleiros unha maneira de traballar os pratos baseada na materia prima, principalmente o peixe. O fin último é ensinarlles que esa materia prima, é un, recurso que poden ensalzar e poñer en valor.En todos os casos os cursos e xornadas están destinados aos empresarios adscritos ao proxecto “Do mar á terra”, aínda que se non se cubrira o cupode prazas podería inscribirse calquera persoa que estivera interesada nas diferentes materias.
ORIENTACIÓN CASTREXA E MEDIEVAL A primeira toma de contacto tras o verán produciuse en realidade o pasado luns, 2 de setembro. Os hostaleiros de Vimianzo acudiron á casa da Cultura da vila para compartir e actualizar as receitas que están a prepararpara os seus establecementos dentro da rede “Do mar á terra. nesta xornada participaron unha ducia de profesionais, que contaron co asesoramento do cociñeiro Miguel Silvarredonda para a unha óptima elaboración dos pratos.Os menús que presentarán os hostaleiros baséanse na gastronomía da época castrexa (Idade de ferro) e medieval. E para ser o máis fieis posibles á realidade contaron coa axuda dos arqueólogos leoneses Víctor Bejega e Eduardo González.
Tras un exhaustivo labor de investigación na Costa da Morte, estes dous arqueólogos, especializados en arqueozooloxía, elaboraron un receitario dos ingredientes e o tipo de cociña que empregaban os habitantes dos castros e os castelos vimianceses.Así, grazas ao proxecto “Do mar á terra” os hostaleiros da vila,respaldados polo Concello, traballan na recuperación de receitas e métodos de cociña da antano, no que se mesturan a historia, o sabor xenuíno e o produto da Costa da Morte.

Comentarios