Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Dous feridos trasladados ao Hopistal tras un accidente en Salto

Bombeiros do GES e de Carballo sufocan un incendio nun almacén-galpón de Cerqueda
Incendio cun galpo en Cerqueda
Imaxe dos Bombeiros sufocando o incendio do galpón en Cerqueda
Dous feridos trasladados ao Hopistal tras un accidente en Salto

Eran as 15:00 da tarde deste pasado xoves saltaba a alarma no 112 por un incendio nun galpón no lugar Filgueira, Cerqueda, Malpica. O incendio localizouse nun lateral exterior dun almacén de electrodomésticos. Os primeiros en chegar foron dous membros do GES de Ponteceso que comezaba coa extinción do mesmo. Pronto chegaban tamén os Bombeiros de Carballo que fixeron un rastrexo do interior do almacén que estaba anegado de fume, por se houbese algún foco no interior do mesmo, iniciando despois a ventilación forzada do interior do inmoble mediante o ventilador por presión positiva. Non houbo danos persoais so danos materias como electrodomésticos usados e parte da parede e tellado anexo o almacén.

Bombeiros no Incendio cun galpo en Cerqueda

Accidente en Salto

Pasadas as 19:10, Garda Civil de Trafico, Policía Local, 061 e os Bombeiros de Cee tiveron que trasladarse a Salto, en Vimianzo, por un accidente entre dous vehículos, que provocaba dous feridos. Foi unha colisión chegando a rotonda da AG55, (dirección Vimianzo-Baio).

Os feridos foron trasladados ao hospital de Cee, aínda que en principio con síntomas leves.

Comentarios