Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Dúas feridas ao envorcar o remolque dun tractor en Salto

tractor envorcado salto
Dúas feridas ao envorcar o remolque dun tractor en Salto

Esta pasada tarde de luns, arredor das 16:30h, tivo lugar en Señoráns, Salto, Vimianzo, un accidente. O remolque dun tractor, cargado de rulos de herba, envorcaba, ferindo a dúas mulleres que estaban sentadas nun banco na veira da estrada.

Acodiron ao lugar os Bombeiros de Cee, Policía Local, Garda Civil T., Protección Civil, que realizaron as tarefas de descarga e reposición do remolque para a súa retida. Nestas tarefas non serían posibles sin a colaboración dun veciño que coa súa maquina retirou, transportou os rulos e moveu o remolque.

As feridas foron trasladadas en ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Comentarios