Martes. 30.11.2021
El tiempo

Os edís de Adiante Vimianzo renuncian á súa asignación por un pleno de 3 minutos

Antes e despois da restauracion dos bancos de Serramo
Antes e despois da restauracion dos bancos de Serramo
Os edís de Adiante Vimianzo renuncian á súa asignación por un pleno de 3 minutos

O pasado venres celebrouse un pleno ordinario no Concello de Vimianzo no que se tratou un só punto na orde do día, que ademais era a simple aprobación da actas das sesións anteriores. Non houbo moito debate, e tampouco ningunha moción de urxencia, rogos nin preguntas por parte da oposición polo apenas durou 3 minutos.

Seguen a ser virtuais os plenos no concello soneirán, pero seguen a supoñer un custe de 1.100 en funcións das asignacións a cada un dos 13 edís. Unha circunstancia que aproveita o grupo de Adiante Vimianzo para criticar o que entende por “despilfarro”, sinalando que “non é a primeira vez que acontece”. “Sen ir máis lonxe o pasado 30 de abril, celebrouse outra sesión ordinaria baleira de contido cunha duración de 6 minutos. Tres días antes celebrábase unha sesión extraordinaria do pleno da corporación para debater un único punto”, sinalan dende a oposición.

Ante esta circunstancia os 5 edís do grupo Adiante Vimianzo presentaron un escrito de renuncia á asignación correspondente por asistencia ao pleno ordinario do venres.

Melloras na praza de Serramo

Paralelamente, as alumnas e alumnos do obradoiro 'Xuventude polo emprego', que surxe tras o convenio entre os Concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía, están agora mesmo realizando as actuacións de adecuación e restauración dos bancos de madeira na praza de Serramo, en Vimianzo.

comentarios