Mércores. 16.10.2024
El tiempo

O EFA Fonteboa leva a “Food Wave” aos centros de ensino de Vimianzo

Food Wave en Vimianzo
Rosa Sánchez, ADL da Administración vimiancesa, e Xiomara Lazo, técnica de Igualdade -xa que de maneira transversal se introduce a perspectiva de xénero-, están impartindo, xunto cos responsables do EFA Fonteboa, faladoiros nos centros de ensino
O EFA Fonteboa leva a “Food Wave” aos centros de ensino de Vimianzo

Arrincou a pasada semana o proxecto ‘Food Wave’ en Vimianzo. O Concello, en colaboración co Centro de Formación Agraria EFA Fonteboa, de Coristanco, levan aos centros de ensino este proxecto que forma parte do programa da Comisión Europea ‘DEAR – Educación para o Desenvolvemento e Sensibilización’ -, un programa que ten por obxectivo apoiar e involucrar a opinión pública europea en temas sociais, económicos e ambientais a nivel mundial, intentando mudar o comportamento da rapazada no consumo de alimentos.

A primeira acción foi a proxección da creación dun xardín público de alimentos que se chamará ‘Xardín dos sabores’, no que participa o alumnado de paisaxismo do centro en coordinación co profesorado.

O proxecto que promove o Concello conta cunha axuda de 3500 euros pon en marcha talleres baseados no poder ecolóxico do consumidor de alimentos.

As persoas participantes aprenden sobre a identificación dos produtos locais, a filosofía Slow Food (alimentos bos, xustos e limpos), a preparación de comidas con baixo consumo de enerxía ou a elaboración de alimentos con sobras, ca fin de minorar os desperdicios. Tamén se poñerán en marcha hortos urbanos e un xardín con plantas aromáticas de uso alimentario.

Os resultados daranse a coñecer a través dun libro virtual e un conxunto de vídeo receitas que se divulgarán a través da web municipal (vimianzo.gal) e redes sociais do Concello, medios de comunicación e presentacións particulares.

Comentarios