En marcha as Escolas Deportivas e Culturais no Concello de Vimianzo

09:05 14/10/13

Xa ten o Concello de Vimianzo artelladas as Escolas culturais e deportivas para este curso 2013/2014. E hoxe, luns día 14 de outubro abre o prazo de inscricións na Casa da Cultura sendo o inicio das actividades o vindeiro luns día 28 de outubro.
Hai un pouco de todo, dende música, pasando pola danza, o debuxo, o teatro... ata moitos deportes: fútbol, baloncesto, tiro con arco, patinaxe, taekwondo, xadrez... E tamén hai espazo para os maiores, con ioga, pilates, aerobic ou actividade física para maiores.