O Encontro de Turismo deste martes, un espazo de encontro e networking
O próximo martes 12 de novembro ás 18h terá lugar o IV Encontro de Turismo da Costa da Morte no Pazo de Trasariz. Unha cita que servirá de encontro de punto de encontro, de relax, e de networking para coñecer de primeira man o traballo realizado, e o que ten en marcha, Costa da Morte Asociación Turística (CMAT).
Diferentes personalidades do turismo do sector público e privado teñen a oportunidade de compartir os seus coñecementos e vivencias que contribúen co desenvolvemento da Costa da Morte, así como as accións que se executaron ao longo do ano no territorio.
Neste IV Encontro de Turismo da Costa da Morte entregarase o II Premio Embaixador Costa da Morte. Ademais, poderase desfrutar dunha mostra de artesanía do territorio e unha exposición das fotografías finalistas do I Concurso Fotográfico Costa da Morte – Naturalmente Salvaxe. Todas estas accións contibúen na posta en valor do destino e o seu potencial turístico.