mércores. 30.04.2025
El tiempo

Bieito Romero, escollido pola CMAT como Embaixador da Costa da Morte

Bieito Romero embaixador da Costa da Morte por CMAT
¡
Bieito Romero, escollido pola CMAT como Embaixador da Costa da Morte

Bieito Romero, membro fundador do mítico grupo Luar na Lubre, recibirá o próximo 12 de novembro a distinción de Embaixador da Costa da Morte. Este premio entregarase durante a celebración do IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte organizado por Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), e que se desenvolverá ás 18:00, a CMAT no Pazo de Trasariz (Vimianzo).

Entende a directiva da CMAT, que se trata dun premio ben merecido debido á dilatada traxectoria nacional e internacional do grupo Luar na Lubre está fortemente vinculada coa Costa da Morte, tanto pola cantidade de cancións dedicadas nos 38 anos de carreira como polo relato que Bieito Romero transmite nos seus concertos.

Entre os temas máis destacados de Luar na Lubre, hai referencias directas a localidades da Costa da Morte. Son ben coñecidas pezas como “Fisterra”, “Camiño de Caión”, “Mártiros e o Vákner” ou “Camariñas”, esta última versionada tamén por múltiples artistas de gran recoñecemento como Julie Fowlis ou Luz Casal. Tamén gravaron o seu videoclip “The Sailors Hornpipe / Pasacorreidoras” en Muxía.

Deste xeito, a música de Luar na Lubre leva o nome da nosa comarca por todo o mundo.

Máis novas de Luar na Lubre

Comentarios