APTCM e a Oleira de Buño suman forzas
A Asociación oleira de Buño incorporase á Asociación de profesionais do Turismo da Costa da Morte. A entidade oleira participarán tamén no IV Encontro de Turismo Costa da Morte que terá lugar no pazo de Trasariz, o martes 12 as 18h.
"É fundamental que todos os sectores implicados no turismo vaiamos da man! E a artesanía é un sector moi importante na Costa da Morte." Engade Pepe Formoso, presidente de APTCM.
A Asociación Oleira de Buño foi constituída no ano 1997, hoxe en día forman parte da asociación un total de 12 profesionais.
Membros actuais da Asociación:
- Antonio Pereira de "Alfarería O Rulo" (presidente)
- Beatriz Faya de "Alfarería Faya" (vicepresidenta)
- Maria Canedo de "Feituras tenda/taller" (secretaria)
- David Cambón de "Obradoiro Cambón" (tesoureiro)
- J. Antonio Corral de "Obradoiro Tonio" (vogal)
- Aparicio x de "Alfarería Aparicio"
- Santiago Becerra de "Alfarería La Cacharrera"
- Alberto Lista de "Alfarería Lista"
- Sabela Armán de "Alfarería O Falsete"
- Pablo Rodi de " Risco Estudio"
- Francisco Gorín de "Obradoiro Gorín"
- Ana Visos de "Obradoiro Cambón"