Luns. 29.04.2024
El tiempo

Eroski City abre un novo súper en Vimianzo

Inauguración Eroski City 1
Eroski City abre un novo súper en Vimianzo

Menuda presentación se viviu onte en Vimianzo, coa apertura do novo supermercado que o Erosi City abriu en Vimianzo, na rúa Trasariz 59-61. 

Ao acto asistiron a rexedora, Mónica Rodríguez, e membros da corporación; o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González; o director de Expansión e Franquicia da compañía, Pedro Suárez; e a directora de Sostibilidade e Comunicación Corporativa, Gabriela González.

Pero seguramente os meirandes protagonistas sexan os membrosded Joalper, empresa franquiciada, a empresa familiar laxense a través da cal se inaugura o supermercado ao ser socia franquiciada. Non faltou oo acto o director da compañía, José Manuel Vázquez, Julia Rivera como membro da dirección e demais equipo e familia.

Con este novo supermercado, o concello de Vimianzo aumenta a súa oferta de locais enmarcados na venda no sector da alimentación. De feito, as instalacións de
650 m2 de superficie deste novo Eroski City permitirán contar con máis de 8.500 referencias de produtos con venta asistida en carnicería, chacinaría e pescadería,
ademais de 80 prazas de aparcamento exclusivas para clientes, servizo de puntos de recarga eléctrica e lugar de estacionamento para caravanas.
 

Inauguración Eroski City Vimianzo 2

Comentarios