![concurso escaparates vimianzo]()
Os escaparates premiados foron o da Tenda de Ma, Ágabe e Duende de Algodón
Duende de Algodón, Ágabe e a Tenda de Ma recibiron onte os premios do
concurso de escaparates de Nadal organizado polo concello de Vimianzo.
O alcalde - Manuel Antelo - foi o encargado de entregar os premios nun acto que se celebrou onte pola mañá na casa do concello. Premiáronse ós escaparates mellor decorados, tendo en conta os criterios artísticos, técnicos e comerciais. Valoráronse os aspectos identitarios de Vimianzo e o respecto dos dereitos das e dos consumidores.
O premio do escaparte "máis popular" foi para a tenda Duende de Algodón que obtivo 242 gústame na rede social Facebook, na categoría "máis creativo" o premio foi para a tenda de roupa Ágabe e na categoría "máis navideño" o vencedor foi o escaparte presentado pola Tenda de Ma.
![tenda de ma vimianzo]()
O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, entregou onte os premios nun acto que se celebrou na casa do concello
Os premios consistiron nun diploma de recoñecemento e dunha cea para dúas persoas en calquera dos restaurantes participantes na campaña “Vimianzo gastronómico”.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo