Farmaceúticos da bisbarra formanse en primeiros auxilios
08:04 08/04/16
As clases de primeiros auxilios terán lugar na casa da cultura de Vimianzo
Mañá, ás 16 horas, comeza na casa da cultura os cursos da Cruz Vermella para formar en socorrismo aos farmaceúticos das zona. O obxectivo é dotar de formación en primeiros auxilios ás farmacias. Esta actividade, enmarcada dentro do acordo establecido entre o Colexio Oficial de Farmacéuticos de A Coruña - COFC - e a Cruz Vermella, desenvolverase ao mesmo tempo na zona de Ferrol e en Ribeira.
Cuestións como aspectos legais do socorrismo, autoprotección, lesións de columna, hemorraxias, fracturas e outras situacións de emerxencia serán tratadas nas castro sesións de cinco horas de duración cada unha que poderán cursar representantes das 549 farmacias da provincia de A Coruña.
Os cursos, impartidos por profesionais especializados da Cruz Vermella, iniciáronse en febreiro en Santiago e A Coruña e prolonganse ata o mes de novembro, abarcando diferentes comarcas da provincia co fin de faciliar a asistencia de profesionais de diferentes puntos do territorio.
Novas relacionadas
- A Cruz Vermella de Vimianzo fomenta a sensibilización nos centros educativos
- Cruz Vermella busca familias de acollida para nenos e nenas
- Os maiores de Geriatros, os Apalpadores de Vimianzo
- Redacción QPC ([email protected])
- Cruz Vermella