Fin de semana de rutas e artesanía en Vimianzo
11:37 12/07/21
Fin de semana divertida por Vimianzo. Por un lado continúa en marcha o programa de andainas “Recunchos”, e fíxoo co Vieiro Fidalgo, no que participaron nesta solleira mañá de sábado 28 persoas.
Xa pensan na saída por Bamiro do vindeiro sábado.
Mentres, o Castelo de Vimianzo volve estar invadido pola artesanía. Desenvolvéronse varios obradoiros sobre olería de Buño, con resultados auténticamente profesionais! “É un auténtico luxo poñer en valor a artesanía galega nun enclave como o noso Castelo”, comentaba a concelleira de Benestar, María José Pose ao ver as obras das pequeoleiras.