Fran Sieira aborda en Vimianzo o estigma da saúde mental co seu espectáculo de danza
Este sábado 29 de abril é o Día da Danza. E Vimianzo, no marco da súa programación invernal, o quere celebrar coa actuación “DeMente”. O artista da Ribeira, Fran Sieira chega coa súa Compañía de Danza á Casa da Cultura vimiancesa (ás 20:30h) e esta peza que aborda o estigma da saúde mental.
En DeMente escena oito bailaríns e bailarinas amosan a evolución histórica que sofren e sufriron historicamente as persoas con trastornos de saúde mental: desde a reclusión practicamente carceraria ata as contencións químicas. O director da compañía, Fran Sieira, fixo un minucioso traballo de investigación sobre as doenzas vinculadas coa saúde mental para levar a cabo este traballo: entrevistas con psiquiatras, psicólogas e enfermeiras do antigo Hospital Psiquiátrico de Conxo e da Asociación A Creba, entre outras.
A peza foi un dos espectáculos seleccionado en FETÉN en 2023 e finalista en sete categorías dos Premios Max 2022, entre os cales mellor espectáculo de danza. Tamén formou parte da programación de Camino Escena Norte e é un dos cinco espectáculos seleccionados para representar Galicia este outono na 55ª edición do Festival Internacional de Teatro de Manizales en Colombia.
As entradas para o espectáculo están dispoñibles en woutick.es.
Infantil
O domingo 39, ás 18:30h, continñua o programa Rebuldeiro para a rapazada coa obra “historia dunha nena namorada do mar”, da compañia O Sol de Outono, da vimiancesa Soraya Lema.