Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O Furancho Deportivo presenta unha nova edición do campamento infantil naturalista de Vimianzo

campamento naturalista de veran de Vimianzo
O Furancho Deportivo presenta unha nova edición do campamento infantil naturalista de Vimianzo

A responsable de Furancho Deportivo, Vicky Fernández, vén de presentar o seu xa clásico campamento infantil de verán, o cal terá lugar en Vimianzo e comezará o luns 24 de xuño.

Coma sempre, a protagonista do campamento é a natureza. Por esta razón, o espazo base é unha leira en que non falta monte, árbores, cabanas e mesmo un palleiro. A herba e a terra, pois, son, xunto coa auga, elementos clave no desenvolvemento das actividades.

Para a xerente “é un campamento coherente co territorio no que vivimos e que procura a conexión coas nosas raíces, escapando do superfluo e das modas”.

Sobre o eixe da natureza artella todo un programa dividido en seis bloques:

  • 1.Coñecemento do medio: flora e fauna. Conciencia e principio de non agresión.
  • 2.Seguridade, supervivencia e respecto.
  • 3. Actividades deportivas.
  • 4. Expresión artística e ciencia.
  • 5. Alimentación.
  • 6. Cultura.

Toda unha declaración de intencións que pretende afianzar os vínculos entre a rapazada e o mundo rural en que vivimos.

Mais non todo son rosas. Para Victoria, “este campamento é difícil de soster, pois sen axudas nin promoción institucional, a conformación dunha familia verde, por máis que eu escape dos grupos numerosos, cada verán faise máis difícil tras a aposta dos concellos por este tipo de iniciativas nos últimos anos”.

Con todo, este ano hai unha forza especial que desde o ceo guía o seu modelo de campamento alternativo: Mía, a cadeliña protagonista do cartaz e desta edición. “Vai por ela”.

Comentarios