mércores. 14.05.2025
El tiempo

Gafas de coiro feitas a man en Vimianzo

Gafas de coiro feitas a man en Vimianzo
manuel-garcia-norriss-glasses Manuel García fabrica nun pequeno taller de A Piroga (Vimianzo) gafas de coiro que vende en Reino Unido, Xapón ou Dubai Orixinais, cómodas, customizadas, feitas a man e 100% galegas. Manuel García Torres é artesán e dende marzo de 2015 fai gafas de coiro baixo a marca NorrissGlasses nun taller ubicado en A Pirgoa, na parroquia vimiancesa de Bamiro. Licenciado en ADE - Administración e Dirección de Empresas - decidiu darlle un xiro á súa vida laboral e espertar os xens artesáns que leva dentro herdados do seu avó paterno que vivía onde hoxe está o taller. Tras un par de meses sabáticos despois de traballar no negocio familiar, Manuel comezou a darlle forma á pedra e tamén a realizar distintos traballos co coiro. Aí foi cando se deu conta de que había un mercado por explotar e no que tan só existen tres firmas en todo o mundo: as gafas de coiro. Así que 2015 creou a súa marca, que a bautizou como NorrissGlasses. El controla todo o proceso; dende o deseño ata o packaging. E despois de dous anos de moito esforzo e de asistir a distintas feiras de moda e complementos - como a Pitti Uomo de Florencia - NorrissGlasses é xa unha marca que ten o seu oco no mercado do Reino Unido, do Xapón e en Dubai. "O produto funciona mellor fóra que na casa. En xeral, á xente gústalle a artesanía pero non quere pagar o vale", asegura Manuel García. gafas-coiro O prezo de cada gafa ronda os 220 euros e pódese elixir entre 14 modelos diferentes totalmente personalizables O prezo de cada gafa, que xira ao redor dos 220 euros, vén marcado polo custe da materia prima e pola laboriosidade da fabricación. Existen en todo o estado español varias ópticas nas que se poden mercar estas gafas de coiro e, por suposto, tamén se venden a través da súa páxina web, na que incluso teñen un probador virtual co que o usuario pode elixir a gafa que mellor se adapte á forma da súa cara. A maioría dos deseños son de gafas de sol ainda que tamén é posible facerse cunhas NorrissGlasses para a visión xa que "traballamos cunha boa lente", di Manuel. Hai 14 modelos diferentes para elixir con coiros de diferentes cores. Lolita Flores, Marta Sánchez, Antonio Carmona, Bertín Osborne, entre outros, son algúns dos famosos que completan os seus looks cunha NorrissGlasses. A súa lixeireza, adaptabilidade e flexibilidade son as principais características destas gafas de coiro. Todo o proceso de fabricación realizase integramente no seu taller da Piroga. [fbvideo link="https://www.facebook.com/NorrissGlasses/videos/1136505719701938/" width="850" height="400" onlyvideo="1"] Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios