Venres. 29.03.2024
El tiempo

GaliciaFest: Unha vimiacesa que aglutina a actualidade festivaleira de todo o país

GaliciaFest: Unha vimiacesa que aglutina a actualidade festivaleira de todo o país
A vimiancesa Cristina Perez Lado, segunda pola dereita, co equipo de GaliciaFest A vimiancesa Cristina Perez Lado, segunda pola dereita, co equipo de GaliciaFest

Sabedes que en QPC somos acérrimos dos festivais tratando de manter con vida a Axenda Sonora da Costa da Morte. Por iso, o novo proxecto que pretende potenciar a rede de festivais que asolagan Galicia cada verán encántanos. Falamos de GaliciaFest, un proxecto multiplataforma para seguir ao pé as novidades sobre todas as citas musiqueiras do país. Unha iniciativa que nace como un Traballo Fin de Grao (TFG) de catro alumnas da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. Entre elas, a vimiancesa Cristina Pérez Lado, que xunto a Nerea Fernández Giz (Lugo), Julia Saavedra Gayoso (Guitiriz) e Berta Pan Cambón (Arteixo) están vendo como a cousa pode ter moito máis percorrido.

Cristina, produtora e communnity manager do proxecto, comezou Ciencias da Comunicación “porque dende pequena me gustou moito o mundo da prensa, a televisión, a fotografía... Nun primeiro momento pensei en estudar xornalismo, pero despois de algunha recomendación por parte de xente que traballa no sector decidinme por audiovisuais xa que engloba todo o que me gustaba”, explícanos a nosa veciña soneirá.

Agora, unha vez rematada a carreira, non ve con moita esperanza o futuro laboral. “Está difícil como en todos os sectores agora mesmo. Pero creo que o que estudamos ten moito por onde saír e moito por crear, xa que por exemplo o traballo que estamos a realizar nos festivais pode que o continuemos facendo unha vez rematado o proxecto; é un campo que cada día medra máis en Galicia e precisa xente que traballe na comunicación dos mesmos”.

Falando da realidade mediática na Costa da Morte, Cristina cre que na bisbarra “as cousas se están facendo ben, temos información de todo o que ocorre na bisbarra case ao tempo que se produce. Gracias a páxinas como QPC podes enterarte da maioría de novas, pois moitas veces nin a prensa escrita nin a televisión se fai eco dalgunhas. Tamén me gusta moito que neste tempo, gracias ás redes sociais, sea a propia xente a que achega as noticias”.

Polo de pronto están a piques de presentar o traballo audiovisual forte. Despois do preceso de grabación dun completo webdoc con entrevistas a xentes como Xurxo Souto, Dakidarria, Aghorafobia,… están no proceso de montaxe. A presentación focial será o vindeiro 22 de setembro ante o tribunal da Universidade. A partir de aí poderemos ver o resultado.

seguen enfocadas en coidar deste neno vivo que se chama GaliciaFest que pode ter un futuro prometedor como aglutinador de intereses. Con ese traballo documental sobre a historia dos máis importantes festivais do país, e varias pezas audiovisuais interesantes publicadas a través do seu Youtube continuarán no seu afán de “recadar, unir e mostrar ao público a información sobre todos os festivais de música galego”.

Máis información

Fonte

Comentarios