luns. 11.11.2024
El tiempo

Galinus amosa en Vimianzo as vantaxes das ferramentas 2.0

Galinus amosa en Vimianzo as vantaxes das ferramentas 2.0
No concello de Vimianzo tíñano claro: a mellor forma de incentivar a xente a usar as novas tecnoloxías, é aproveitarse das súas vantaxes para atopar emprego ou mellorar a súa eficiencia no posto de traballo, pasa sen lugar a dúbidas pola formación. E así foi como dende o Concello vimiancés contactou coa empresa corcubionesa Galinus, Taller de Novos Medios para que se acercaran ao seu TeleCentro, un local equipado coas últimas tecnoloxías ideal para impartir o curso bautizado co nome de Ofi-Tic. O curso consta de 5 módulos diferenciados polas seguintes temáticas: Redes sociais e reputación online, Ferramentas para a web 2.0, Compartir información na rede, Xeolocalización e Posicionamento Online. As clases durarán hasta principios de marzo, e repartidas en clases de 4 horas se combiará a parte teórica cos talleres prácticos, que nos permitirán comenzar a traballar na web facendo blogs, perfis en redes sociais, aprendendo a comunicarnos dende as diferentes plataformas para poder amosar na rede as nosas capacidades e coñecementos que poidan interesar a moitas empresas. A que agardades? Sempre estamos a tempo de comenzar a aprender deste pequeno gran mundo. Posibilidades, infinitas. O primordial, comenzar! E se queredes podedes seguirnos tamén a través do blog que fixemos para este curso: http://ofitic.blogspot.com/.

Novas relacionadas

Vídeos de Galinus.tv

Fonte

Comentarios