martes. 20.05.2025
El tiempo

Galinus Forma ofrece un curso sobre Adwords para Negocios Locais en Vimianzo

Galinus Forma ofrece un curso sobre Adwords para Negocios Locais en Vimianzo
Curso de Google Adwords con Galinus Forma

O vindeiro mes de decembro terá lugar nas aulas de Academia Aproba en Vimianzo o curso “Adwords para Negocios Locais” impartido por GalinusForma e que está dirixido a todos aqueles empresarios da zona que estén interesados en incrementar a presenza da súa empresa nas buscas de google e atraer mais visitas á paxina corporativa ou a túa tenda online.

O curso ten unha duracción total de 8 horas durante os días 11, 13 e 18 de decembro, presenciais e ten un custe de 99 euros. Os temas a abordar pasan por unha iniciación a Google Adwords e ao manexo da sua plataforma, creación da nosa primeira campaña, como escoller os termos clave óptimos e o análise posterior dos resultados obtidos e a optimización continua dos nosos anuncios.

Máis información e inscrición

Os interesados poden solicitar información no número de teléfono 664.476.432, no mail info@galinusforma.com ou na web www.galinusforma.com.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios