venres. 08.11.2024
El tiempo

A Garda Civil detén un mozo polo incendio de Berdoias

incendio en Berdoias
A Garda Civil detén un mozo polo incendio de Berdoias

O incendio entre Berdoias e Berdeogas, o primeiro incendio importante desta temporada de verán, que mantivo á comarca en estado de alerta durante 24 horas, xa ten consecuencias. A Patrulla de Proteccion da Natureza de Corcubión, en colaboración ca Garda Civil, detivo a un vimiancés de 22 anos como presunto autor dun delito de incendio forestal.

A Garda Civil detívoo despois de comprobar que estivera desbrozando e decatarse que unha das chispas do rotor da cadenas puido ser a causa do incendio. O mozo abandonara o lugar en tractor, porén o 112 foi alertado por un veciño que pasaba pola estrada.

O detido foi posto en liberdade á espera de xuízo.

Novas relacionadas

Comentarios