Ghañan Style, marca rexistrada


En menos dunha semana xa levan 60.000 visitas no Youtube. I é que o Ghañan Style está rompendo en toda Galicia. Os bravos do Teatro du Cherinkas xa están nas discotecas de todo o país poñendo a cara simpática, en clave ghallegha ao exitazo do momento, o Gangnam Style do surcoreano PSY.
Ese par de vellas discotequeiras impresionantemente representadas por Damián Espasandín e Juan Gimel, mesmo irán de bolos por aí, e non se descarta que acaben na telegaita, con ese amor que ten a televisión galega polas nosas maiores.
Tal é a repercusión que o director de orquestra, Guillermo Méndez, ou Chillermo, a cabeza pensante da representación hitórico-teatral do Asalto ao Castelo de Vimianzo, vén de crear xa o cartel do comic, a banda deseñada, desta parella de moda.
E como se poñan a vender merchandising...
Os Cherinkas no Encontro QPC
E como sabemos que o Ghañan Style xa o vistes (se non, non os perdades)
Máis información
Novas relacionadas
- O Ghañan Style do Cherinkas rompe a rede.
- Eu Friki, ti Friki, todos Frikis… na Frikifesta de Vimianzoo.
- O Asalto 2012 definitivo (en vídeo).
- Renovando a arqueoloxía castrexa dende Vimianzo.
- Un sitio distinto (II): Miñanco tamén se apreta o cinturón.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).